13 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/471.jpg

DdC/ Actuación de Tony Lomba

O indescritible artista Tony Lomba recala en NORMAL disposto a revivir os seus grandes momentos no Festival de Cans, cun formato máis tranquilo.

Tony Lomba é algo máis que un músico que toca en Cans desde as primeiras edicións. Alí é un ídolo único, case unha lenda do torreiro de Cans. E alí cautivou a cineastas como Nacho Vigalondo ou Juanma Bajo Ulloa. O seu sentido do show e a súa imaxinación para inventar letras sobre a marcha, descoloca a calquera. Para NORMAL escolleu un repertorio tranquilo con algo de cháchara, pero rir seguro que se poderá rir un pouco.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Imaxes do concerto de Tony Lomba en NORMAL.