17 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/477.jpg

DdC/ Celebración do día Bravú

DUCIA DE CANS súmase ás celebracións do Ano Bravú co Día Bravú. Rómulo Sanjurjo presentará as proxeccións de documentais sobre o movemento que triunfaron no Festival de Cans.

En 1994 o rock Bravú converteuse en algo máis que un grupo de rapazolos tocando en grupos varios. Foi un movemento que perdurou e colleu consistencia no tempo para as futuras xeracións. Vinte anos despois, adicamos unha retrospectiva de varios documentais que foi todo un éxito cando foi programado no Festival de Cans e agora pasa por NORMAL. Unha actividade no marco da celebración dos “Vinte anos do rock bravú” na Coruña.

Durante a sesión proxectaranse as seguintes pezas:

- Nor-Noroeste, a viaxe bravú, de Sonia Barros e Marta Piñeiro.

- Galiza Bravú, de Xaime Miranda, Elena Albán Lombao e Sabela Sampedro.

- Kompostela, capital bravú, de Basilio Martín Patino.

Durante a mesma haberá un coloquio con Alfonso Pato e María Yáñez.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Imaxes da celebración do Día Bravú en NORMAL.