29 Xaneiro 2015, 19:00

http://istoenormal.org/images/523.jpg

DdC/ Clausura con Xurxo Souto e Ricardo de Barreiro

DUCIA DE CANS baixa o telón cun roteiro sonoro pola exposición a cargo de Xurxo Souto e unha gran sesión de chimpidisco con Ricardo de Barreiro.

Xurxo Souto conducirá o roteiro sonoro pola exposición, moi semellante ao que fixo en Cans. Narración e música danse a man!

A xornada rematará cunha sesión chimpidisco final a cargo de Ricardo de Barreiro. Ben coñecido en Galicia por series como Matalobos, Ricardo de Barreiro está a abrir tamén nos últimos anos unha interesante traxectoria como actor na gran pantalla. Alén do seu oficio e do seu paso por Cans, onde foi premiado como mellor actor nun ano clave para él, a veces convértese en RdB, un picadiscos con moi bo gusto musical que cautivou o público de Cans coas súas sesións discochimpín. A clausura de DUCIA DE CANS será unha boa ocasión para reproducir esta singular sesión desde o chimpín.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Álbum de imaxes da clausura de DUCIA DE CANS.