26 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/486.jpg

DdC/ Coloquio con Antonio Durán 'Morris'

O actor Antonio Durán ‘Morris’ pasa polo espazo de coloquios de DUCIA DE CANS para falar da súa experiencia no Festival de Cans.

Ningún actor en Galicia poderá contar as entrañas do Festival de Cans como Antonio Durán ‘Morris’. Foi xurado na primeira edición, foi convidado, foi premio de Honor e case se pode dicir que é un anaco da organización. Que é o que fai a Cans atractivo para a xente e por que van tanto alí os actores e os directores? Que misterio agocha este festival? Conversar con Morris sempre é un placer.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Imaxes do coloquio con Antonio Durán ‘Morris’ en NORMAL.