19 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/478.jpg

DdC/ Coloquio con Chelo Loureiro

Fundadora, presidenta e produtora executiva de Abano Producións, Chelo Loureiro achegaranos á súa experiencia na animación audiovisual neste coloquio aberto ao público.

Chelo Loureiro é unha produtora tan teimuda que pode lograr o que se propoña, sobre todo nun mundo tan difícil como a animación, para adultos ou para nenos. A muller que liou a Saramago para facer unha curtametraxe, ou que produce filmes de animación para nenos que vende nos mercados do mundo, vai contarnos como se fai. E non é fácil. Nin producir, nin a veces producir e ser muller a un tempo.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.