28 Xaneiro 2015, 19:00

http://istoenormal.org/images/515.jpg
Imaxe: Alberto Ramos.

DdC/ Coloquio con David Rubín

Tras ser adiada a súa colaboración, pechamos os coloquios de DUCIA DE CANS cunha voz imprescindible no mundo do cómic: David Rubín!

David Rubín é un dos grandes da banda deseñada e un dos creadores galegos máis interesantes. Asiduo de Cans, onde pasou como curtametraxista de animación e onde fixo a sección “Miradas de Cans”, Rubín pasará por DUCIA DE CANS para contarnos as súas vibracións de Cans e de paso descubrirnos os secretos das súas últimas publicacións, que nesta data estarán recén saídas do forno.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.