16 Decembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/506.jpg

DdC/ Coloquio con Emma Lustres + Chelo Loureiro

Nesta xornada pasarán polos coloquios de DUCIA DE CANS dúas produtoras audiovisuais de enorme éxito: Emma Lustres e Chelo Loureiro.

A produtora Emma Lustres chegou un día de xurado a Cans e gustoulle tanto a sección “A que andas?”, que acabou baleirando o seu ordenador para contar en primicia todos os seus proxectos. Xunto co seu compañeiro Borja Pena, a produtora Emma Lustres representa un novo xeito de producir en Galicia coa súa compañía Vaca Films. Promotores de éxitos como Celda 211, Lustres é un exemplo de búsqueda de novas vías no mercado internacional. Unhas claves moi interesantes para escoitar.

Fundadora, presidenta e produtora executiva de Abano Producións, Chelo Loureiro é unha produtora tan teimuda que pode lograr o que se propoña, sobre todo nun mundo tan difícil como a animación, para adultos ou para nenos. A muller que liou a Saramago para facer unha curtametraxe, ou que produce filmes de animación para nenos que vende nos mercados do mundo, vai contarnos como se fai. E non é fácil. Nin producir, nin a veces producir e ser muller a un tempo.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.