5 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/467.jpg

DdC/ Coloquio con Irisarri+Piñera, Emilio Rodríguez Blanco e Cristina García Fontán

Os arquitectos Emilio Rodríguez, Cristina García Fontán, Guadalupe Piñera e Jesús Irisarri falarán sobre a súa estreita relación co Festival de Cans, coa aldea e os seus espazos.

Membros do grupo RESp “reclaiming space”, os catro arquitectos coordinaron, xunto aos alumnos da Fundación Juana de Vega no ano 2014, un interesante proxecto en Cans. Recuperando os vellos carreiros de paso, rescataron as pequenas arterias da aldea, cheas de vida. Nesta charla falarán sobre a súa experiencia neste proxecto.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Imaxes do coloquio sobre arquitectura e Cans.