14 Xaneiro 2015, 19:00

http://istoenormal.org/images/511.jpg

DdC/ Coloquio con Pepe Solla

O cociñeiro Pepe Solla, gran amigo do Festival de Cans, achéganos a unha perspectiva diferente sobre o evento cinematográfico: a gastronómica.

Pepe Solla é un dos grandes creadores da gastronomía contemporánea galega. Na pasada edición do festival, foi convidado a dar a súa “Mirada de Cans”, e Solla fixo unha performance arredor dun ovo que quedou nos anais da historia do festival. Inventou o “Ovo de Can”, unha sobremesa moi singular que volverá facer en NORMAL para que poida ser degustado por todas as persoas que asistan. Escoitalo falar desta sobremesa e do ovo como obxecto estético é un pracer tan grande como poder comelo ao final.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Imaxes do coloquio de Pepe Solla en NORMAL.