3 Decembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/493.jpg
Imaxe: Paco Vilabarros

DdC/ Coloquio con Suso de Toro

DUCIA DE CANS recibe o escritor e intelectual Suso de Toro, nun coloquio arredor da cultura no mundo rural.

Ademais da súa relevante faceta como escritor, Suso de Toro é un analista excepcional da actualidade galega. Non só política, senón tamén cultural. Despois do seu paso polo Festival de Cans, De Toro envolveuse para sempre no espírito de Cans. A súa é unha voz autorizada para tratar temas como a cultura no mundo rural ou reflexionar sobre cultura e identidade.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Imaxes do coloquio de Suso de Toro en NORMAL.