12 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/470.jpg
Imaxe: Adrián Estévez

DdC/ Coloquio con Xosé Manuel Pereiro

O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ofrece unha charla onde falará da súa especial relación co Festival de Cans.

Xosé Manuel Pereiro é xornalista, pero ademais foi un pioneiro no Festival de Cans, a onde acode desde a primeira edición. O discurso agudo de Pereiro servirá para afondar en ideas como a cultura no mundo rural ou, se cadra, a cultura galega dun xeito máis amplo. A súa experiencia no mundo do xornalismo, da música, da televisión ou da axitación cultural é un bon aval para escoitalo.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Imaxes do coloquio con Xosé Manuel Pereiro en NORMAL.