15 Xaneiro 2015, 19:00

http://istoenormal.org/images/479.jpg

DdC/ Concerto de Grampoder

Grampoder traen o seu rock portátil a DUCIA DE CANS dispostos a encher de boa música o noso espazo de concertos unha semana máis.

Martiño e Roi crearon hai uns anos un grupo histórico da música galega: The Homens. Hai un ano volveron convertidos en dúo para lanzar Grampoder. Un pop atractivamente feroz que é quen de cautivar ao público mesmo enriba dun camión, como en Cans.

Grampoder fan rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, punk acústico, hardcore comeflores. O seu set cabe nun Seat Ibiza e din que tanto poden tocar no Carnegie Hall coma no hall dun piso de protección oficial. De feito, na súa curta traxectoria xa tiveron ocasión de actuar en bares, restaurantes, chiringuitos, museos de arte contemporánea, galpóns e salas de estar. Porque o concepto é ese: facer boas cancións, con melodía, enerxía e compromiso, e poder adaptalas a calquera escenario.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Imaxes do concerto de Grampoder en NORMAL.