18 Decembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/507.jpg
Imaxe: Pixelin Photo

DdC/ Concerto de Os da Ría

Un espectáculo inigualable cheo de música e humor chega aos concertos de DUCIA DE CANS: Os da Ría!

Carlos Meixide e Tomás Lijó transfórmanse en Arturito e Fabián para perpetrar un espectáculo cómico-musical cunha linguaxe propia que non deixará a ninguén indiferente. Os da Ría pasaron polo torreiro de Cans na última edición e o público aínda se ríe hoxe ao lembrar esta tremenda actuación. Chegan a DUCIA DE CANS cun espectáculo algo máis “intimista”, pero non menos gamberro e provocador.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.