20 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/483.jpg
Fotografía: Marcos Martínez

DdC/ Concerto de Tonhito de Poi

Tonhito de Poi achéganos ao seu proxecto individual alén dos Heredeiros da Crus neste concerto cheo de música e relatos.

Ademáis de ser parte clave dos Heredeiros da Crus, Tonhito de Poi é un fan acérrimo de Cans desde a primeira edición, onde tocou sen haber escenario. Despois inventou un camión itinerante para vir e, ao final, mesmo acabou tocando cos Heredeiros. Tonhito é un músico dos que lle gustan á organización de Cans, porque toca en calquera parte a calquera hora. A DUCIA DE CANS traerá parte dos seus temas e parte dos seus relatos, entre Cans e a súa última aventura amazónica. Sempre no seu estado natural: o estado salvaxe.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.