4 Decembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/494.jpg

DdC/ Concerto de Uxía

A gran cantora Uxía chega á sección de concertos de DUCIA DE CANS coa súa música repousada e a súa palabra reflexiva.

Uxía é moito máis que unha cantante. As súas facetas como produtora, crítica musical, promotora de concertos e axitadora cultural fan dela unha personalidade clave para a cultura galega. Asidua de Cans e do seu festival, promete unha intervención entre a música tranquila e a súa palabra, sempre reflexiva e atinada.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Imaxes do concerto de Uxía en NORMAL.