6 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/468.jpg

DdC/ Concerto de Víctor Coyote

O polifacético Víctor Coyote inaugura a xeira de concertos de DUCIA DE CANS, desta volta cunha proposta só apta para un aforo de 12 persoas.

Víctor Coyote é músico, pero tamén pinta, deseña e ten realizado videoclips e documentais. Todo o seu universo foi condensado nunha minúscula performance dentro dun hórreo en Cans. Aquel experimento chamouse Ruído Baixiño. Agora chega para reproducila no CUBO de NORMAL, tamén para un reducidísimo aforo de 12 persoas.

A entrada é libre até completar o aforo previsto.

Imaxes do concerto de Víctor Coyote en NORMAL.