27 Novembro 2014, 19:00

DdC/ Concerto de Xurxo Souto
concerto músicaMúsica, historia e narración oral protagonizarán a actuación do polifacético Xurxo Souto no espazo de concertos de DUCIA DE CANS.
Coa literatura, coa palabra ou coa música, Xurxo Souto é un artista total no sentido de saber penetrar no corazón da xente. O seu paso pola última edición de Cans, facendo un espectacular roteiro entre a música, a historia e a narración oral, servirá de base para a súa actuación en NORMAL. Escoitando a Souto estimúlase a alegría, pero tamén se aguilloa a raiba. “Cousa bonita!”, como el mesmo diría.
A entrada é libre até completar o aforo da sala.