4 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/466.jpg

DdC/ Inauguración de DUCIA DE CANS

Cunha sesión de Chimpidisco a cargo de Isabel Risco. Así botará a andar DUCIA DE CANS, o novo proxecto de NORMAL.

O acto de inauguración contará coa presenza de Alfonso Pato, director do Festival de Cans, e Juan Creus, profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, comisarios do proxecto.

Isabel Risco, ademais de actriz e cómica ben coñecida e recoñecida, é unha gran amante da música. Na súa colección hai xoias de vinilo orixinais dos anos 60 e 70. Estas mostras “garaxeiras” son as que traerá para amenizar a sesión de inauguración, desde un chimpín, claro!

A entrada é libre até completar o aforo da sala.