18 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/481.jpg

DdC/ Proxección de 'Cancasete' e 'Agroglamour'

PARALELO CANS continúa coa proxección aberta de dúas pezas audiovisuais nacidas no seo do propio festival: Cancasete e Agroglamour.

Cancasete naceu como unha proposta da Asociación Cultural Arela para recuperar a paisaxe sonora da aldea de Cans a través da recuperación das cintas de cassete da veciñanza. O proxecto foi desenvolvido por María Yáñez, de A Navalla Suíza, María Lobo e Roi Guitián, de Gingko, e o veciño de Cans Javi Campo.

Pola súa banda, Carlos Contreras e Ramsés Rivera recolleron en Agroglamour a esencia da edición de 2005 do festival.

Dirección e guión: Carlos Contreras e Ramsés Rivera
Produción: Zoa Media
Animadores: Tatiana Rivera y Juan A. Carrillo
Duración: 20 min.
Ano: 2006

Ambas pezas son APTAS para todos os públicos.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.