21 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/480.jpg

DdC/ Proxección de 'Crebinsky'

Corría 2011 e Enrique Otero sorprendía con esta comedia ambientada na costa galega en plena Segunda Guerra Mundial. Agora podemos vela en aberto en DUCIA DE CANS.

Crebinsky é moito máis ca un filme. É un filme con vocación de evento, con música arredor sempre moi presente, mais tamén cun discurso que cala moi fondo nun lugar de “buscadores” como Galicia. De asumir a busca como quen vai ás crebas. Non che soan? O que non peneire con xeito non sobrevivirá.

Director: Enrique Otero
Produción: Farruco Castromán, Miguel de Lira, Enrique Otero
Guión: Miguel de Lira e Enrique Otero
Intérpretes: Miguel de Lira, Sergio Zearreta, Luís Tosar, Celso Bugallo, Oliver Schultz, Patricia de Lorenzo, Farruco Castromán, Iván Marcos, Oliver Bigalke, Yolanda Muíños, Pepe Soto, Danny Raatzke, Manuel Cortés, Jorge Taboada, Óscar Pombo, Antía Baget
Música: Pablo Pérez
Fotografía: Sergio Franco
Montaxe: J. R. Lorenzo e Enrique Otero
Ano:2011
Duración: 90 minutos
Calificación: APTA para todos os públicos.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.