16 Xaneiro 2015, 19:00

http://istoenormal.org/images/512.jpg

DdC/ Proxección de 'El árbol magnético'

A aventura chilena de Isabel Ayguavives deu como froito este fermoso filme que damos a coñecer no CUBO, despois de causar sensación no Festival de San Sebastián. Con entrada libre!

Á ferrolá Isabel Ayguavives vímola medrar como cineasta no Festival de Cans. En dúas ocasións estivo na competición oficial e o pasado ano tróuxonos en primicia a súa fermosa ópera prima rodada en Chile: El árbol magnético. A súa mirada cativou no Festival de San Sebastián, onde participou na sección de novos realizadores. Estreada con poucas copias nos cines, o filme é unha pequena xoia que non debe pasar desapercibida.

Título orixinal: El árbol magnético.
Directora: Isabel Ayguavives.
Guión: Isabel Ayguavives.
Música: Nico Casal.
Fotografía: Alberto D. Centeno.
Reparto: Andrés Gertrudix, Manuela Martelli, Catalina Saavedra, Gonzalo Robles, Juan Pablo Larenas, Edgardo Bruna, Ximena Rivas, Otilio Castro, Blanca Lewin, Daniel Alcaíno, Agustín Silva, Lisette Lastra, Antonia Zilleruelo, Felipe Misa, Dominga Zilleruelo.
Xénero: drama.
Ano: 2013.
Duración: 85 minutos.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.