7 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/469.jpg

DdC/ Proxección de 'Encallados'

O filme de Alfonso Zarauza abre o espazo de proxeccións de DUCIA DE CANS, nun pase aberto ao público.

Case sen pretendelo, a adversidade levou a Encallados a converterse nun filme de culto. O filme estaba esquecido nun caixón, pero de súpeto organizouse unha distribución arternativa que convocou a miles de espectadores en toda Galicia. A historia, que conta os atrancos para sacar adiante un filme no contexto da catástrofe do “Prestige”, semella a historia que moitos creadores viviron nalgún momento da súa traxectoria.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Alfonso Zarauza
Guión: Alfonso Zarauza
Reparto: Xulio Abonjo, Ricardo de Barreiro, Federico Pérez, Farruco Castromán
Director de fotografía: Albero Diaz “Bertixi”
Director de arte: Jaione Camborda
Son: Xavier Souto
Montaxe: Adrian Pino
Director de produción: Pablo Atienza
Produtor executivo: Farruco Castromán
Duración: 65 minutos
Calificación: APTA para todos os públicos.

Imaxes da proxección de Encallados en NORMAL.