23 Xaneiro 2015, 19:00

http://istoenormal.org/images/508.jpg

DdC/ Proxección de 'Fraga y Fidel, sin embargo'

Manuel Fernández-Valdés retrata neste documental as corenta e oito horas que pasaron xuntos Manuel Fraga e Fidel Castro durante a visita do mandatario cubano a Galicia en 1992. Un documento fascinante!

A estraña amizade que mantiveron Manuel Fraga e Fidel Castro, serviulle ao cineasta pontevedrés Manuel Fernández-Valdés para facer un documental con partes tan surrealistas que non deixarán indiferente a ninguén. En especial, a visita de Fidel a Láncara, terra natal dos seus pais, e todo o que aconteceu eses días.

Fraga y Fidel, sin ambargo é un documento moi interesante que pasou polo Baixo do Moncho en Cans, con moito interese para os veciños, dada a dimensión dos personaxes.

Dirección e guión: Manuel Fernández-Valdés.
Produción: Teresa Fernández-Valdés, Ramón Campos (Bambú Producciones).
Directora de produción: Teresa Fernández-Valdés.
Axudante de produción: Raimundo Riestra.
Cámara: Carlos Vásquez, Enrique Baró.
Montaxe: Fernando Carmena.
Son directo: Juan J. Gay.
Desenvolvemento: Fernando Carmena, Santiago Brey
Duración: 98 min.
Xénero: documental.
Idioma: galego e español.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.