28 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/488.jpg

DdC/ Proxección de 'Nacional VI'

O director Pela del Álamo achéganos en Nacional VI á historia dunha desas estradas abandonadas coa chegada das autoestradas ailladas da paisaxe que atravesan, nunha nova proxección de DUCIA DE CANS.

Na quinta edición do festival, Pela del Álamo chegou para facer un documental sobre Cans, Cinco de Cans, sempre co nexo da vida ao borde da estrada como eixo. Nunca se chegou a rematar, pero na idea flotaba sempre un documental que estaba desenvolvendo ao mesmo tempo: Nacional VI. Un traballo seleccionado nos mellores festivais de documentais, sobre historias que acontecen ó borde dunha estrada mítica agora en moitos tramos esquecida.

Antes viaxabamos por estradas que atravesaban lugares habitados. Hoxe, aquelas estradas foron substituídas por autoestradas ailladas da paisaxe que atravesan. Entre o punto de partida e o punto de chegada quedaron atrás os lugares de paso, onde aparentemente xa non ocorre nada. A N-VI é unha desas estradas.

Título orixinal: N-VI.
Título en inglés: N-VI: VANISHING ROADSIDES.
Dirixido, escrito e producido por: PELA DEL ÁLAMO.
Produción de campo e axte. de dirección: UXÍA GARCÍA DE BUCIÑOS.
Fotografía e postprodución: FRANCISCO ARNOSO “PIXI”.
Coordinadora de produción: MARTA DÍAZ RODRÍGUEZ.
Auxiliar de produción: ALICIA ARIAS RAPOSO.
Montaxe: ARIADNA FATJÓ-VILAS MESTRE, PILAR MONSELL, PELA DEL ÁLAMO.
Mezcla de son: DAVID MACHADO.
Sonido directo: DANIEL FERNÁNDEZ.
Arranxos musicais: XABIER G. MERA.
Consultoría: MARTA ANDREU, IVÁN NESPEREIRA.
Web: RAMÓN ILLOBRE.
Deseño gráfico: ABRAHAM CASTRO.
Duración:86’

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Imaxes da proxección de Nacional VI.