14 Novembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/472.jpg

DdC/ Proxección de 'O Apóstolo'

Proxección aberta do brillante filme de animación O Apóstolo, seguida dun coloquio co seu director, Fernando Cortizo.

Forxado en Cans como curtametraxista, onde foi premiado en varias edicións, Fernando Cortizo é un director que encarna a resistencia e a carreira de fondo dos animadores. Se vedes o seu filme O Apóstolo e charlades con él, poderá contarvos o motivo. Interesante a película e incribles os secretos do seu proceso.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

O Apóstolo é a primeira película de animación stop-motion en tres dimensións realizada en Europa. Narra a historia dun preso que se fuga da cadea para tentar atopar un tesouro agochado anos atrás nunha aldea do Camiño de Santiago, pero o que atopa suporalle unha condena maior da que fuxiu. Vellos misteriosos, estrañas desaparicións, trasnos, un cura estraño e o arcipreste de Santiago xúntanse no camiño. Un filme de misterio, humor, animación e invención.

FICHA TÉCNICA
Director: Fernando Cortizo
Produtor: Rosalía Mera, Artefacto Producciones
Guión: Fernando Cortizo
Intérpretes: Carlos Blanco, Luís Tosar, Jorge Sanz, Isabel Blanco…
Música: Xavier Font, Arturo Vaquero
Fotografía: Matthew Hazelrig
Montaxe: Fernando Alfonsín
Duración: 72 minutos
Calificación: APTA para todos os públicos.

Imaxes da proxección de O Apóstolo en NORMAL.