12 Decembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/502.jpg

DdC/ Proxección de 'Retornos'

O CUBO acolle a proxección en aberto de Retornos, o thriller co que Luis Avilés debutou na dirección de longametraxes.

Luis Avilés é outro dos cineastas que debutou como longametraxista despois de pasar como curtametraxista por Cans. En Retornos trazou unha interesante historia que nos atrapa desde o comezo, ademáis de ter o valor sentimental de ser unha das últimas aparicións do gran actor Xosé M. Olveira “Pico”, que faleceu pouco despois de estrear o filme.

Título orixinal: Retornos.
Director: Luis Avilés.
Guión: Luis Avilés, Alejandro Hernández, David Pérez.
Música: Sergio Moure.
Fotografía: Ricky Morgade.
Reparto: Xavier Estévez, Manuela Vellés, Xosé Manuel Olveira ‘Pico’, Yoima Valdés, Luis Zahera, Emilio Gutiérrez Caba, Sabrina Praga, María Tasende, María Bouzas, Solange Freitas.
Produtora: Vaca Films / Zed Filmes.
Xénero: thriller, drama, intriga.
Ano: 2010.
Duración: 100 min.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.