5 Decembro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/495.jpg

DdC/ Proxección de 'Somos gente honrada'

Proxección en aberto no CUBO da exitosa comedia coa que Alejandro Marzoa deu o salto á dirección de longametraxes.

Do cineasta Alejandro Marzoa pode dicirse que é un fillo de Cans, un festival onde se amamantou e medrou como curtametraxista. Por dúas veces gañou o festival ata que se produciu o debú soñado na longametraxe: Somos gente honrada. Trátase dun filme que ten como telón de fondo os límites da amizade, sempre poñendo os personaxes ao borde de dilemas moi críticos, unha constante na súa obra.

Título orixinal: Somos gente honrada.
Director: Alejandro Marzoa.
Guión: Miguel Ángel Blanca, Juan Cruz, Alejandro Marzoa.
Música: Sergio Moure.
Fotografía: Arnau Valls Colomer.
Reparto: Miguel de Lira, Paco Tous, Manuela Vellés, Unax Ugalde, Manuel Lozano, Marisol Membrillo, Antonio Durán ‘Morris’, Xosé Manuel Olveira ‘Pico’, Ricardo de Barreiro.
Produtora: Coproducción España-Portugal; El Terrat / Institut Català de les Indústries Culturals / ICAA / Persona Non Grata Pictures / TV3 / TVE / Vaca Films / Xunta de Galicia.
Xénero: comedia.
Ano: 2013.
Duración: 85 min.

Somos gente honrada foi candidata a 13 premios Mestre Mateo, dos que o filme dirixido por Alejandro Marzoa acadou 6: premio Mestre Mateo á mellor película e á mellor dirección, mellor guión (Miguel Ángel Blanca e Alejandro Marzoa), mellor actor protagonista masculino (Miguel de Lira), mellor actor de reparto (Ricardo de Barreiro) e mellor maquillaxe e perruquería (Susana Veira e Erea Pérez).

A entrada é libre até completar o aforo da sala.