19 Decembro 2014, 19:00

DdC/ Proxección de 'Tra-las luces'
cinema documental proxecciónDa man de Sandra Sánchez, adentrámonos na dura realidade dunha familia de feirantes cun documental que explora o que ocorre unha vez que as luces se apagan.
Sanda Sánchez filmou horas e horas de material para construír un fascinante documental sobre unha familia de feirantes que move a súa pista de coches de choque de feira en feira. No medio, bate de frente cunha realidade moi crúa e emerxe unha historia enorme. No Festival de Cans aínda se lembra o pase do filme no Baixo do Moncho e o moito que impactou ao público aquela tarde, tamén co coloquio onde conta os detalles da rodaxe coa familia de feirantes protagonista.
Dirección: Sandra Sánchez.
Guión: Sandra Sánchez.
Montaxe: Sandra Sánchez.
Música orixinal: Acho Estol.
Son: Claudio Canedo.
Xefe de mesturas: Diego S. Staub.
Dirección de produción: Oscar Pousada.
Producida por: Fernanda del Nido (Tic Tac Producciones).
Coprodutores: Pandora da Cunha Telles (Ukbar Filmes).
Xénero: documental.
Ano: 2011.
Duración: 112 minutos.
A entrada é libre até completar o aforo da sala.