17 Decembro 2018, 20:00

http://istoenormal.org/images/677.jpg

De corpos presentes. Ciclo de conversas arredor das artes performativas. 14 e 17 de decembro

De corpos presentes é un proxecto ou plataforma de produción, investigación e difusión das artes performativas contemporáneas en Galicia; un campo cunha comunidade artística moi fértil e activa –tanto no plano creativo e de creación de coñecemento sobre o noso presente, como na súa capacidade mediadora e dinamizadora a nivel social–, pero cun contexto institucional aínda pouco propenso para acoller e aproveitar todas as súas potencias.

14 de decembro

58 Indicios sobre o corpo.
Lectura dun texto de Nancy con Nieves Neira

“O corpo pode voltarse falante, pensante, soñante, imaxinante. Todo o tempo sinte algo. Sinte todo o que é corporal. Sinte as peles e as pedras, os metais, as herbas, as augas e as chamas. Non para de sentir.”
Este fragmento forma parte do texto ’58 indicios sobre o corpo’, do filósofo francés Jean-Luc Nancy. A artista e investigadora Nieves Neira convídanos a conversar dun xeito diferente sobre a poética dos corpos en movemento, a partir dunha lectura de Nancy coa que trataremos de dar corporalidade á propia poética dos textos.

Datas: 14 de decembro de 2018.
Horario: 18:00 horas.
Lugar: ALMACÉN de NORMAL.

17 de decembro

Coar o discurso. A teoría inquieta.
Proxección e conversa con Edu Fernández e Javier Trigales

Os vídeos do artista Edu Fernández son pezas performativas nas que destaca o uso da reinterpretación, o collage dixital ou a linguaxe do viral. Na súa última obra, The Passion of Edu Fernández, aprópiase do célebre filme de Dreyer La Pasión de Juana de Arco, 1928 nunha sorte de remake bastardo. Convidamos a Edu e a Javier Trigales (guionista, programador e xestor cultural) a falar sobre orixinal e copia, a autoficción, a explotación hiperbólica da propia imaxe na sociedade das redes ou sobre como axilizar o discurso teórico. Trátase de reflexionar sobre que pasa cos nosos corpos nesta vida mediatizada polas pantallas e como podemos, xustamente a través delas, voltar aos mesmos.

Datas: 17 de decembro de 2018.
Horario: 20:00 horas.
Lugar: ALMACÉN de NORMAL.

De corpos presentes