12 Xuño 2019, 20:00

http://istoenormal.org/images/729.jpg

De Corpos Presentes: Laboratorio de movemento con TWINS EXPERIMENT. EVERLASTING SOFTNESS

Nova edición do ciclo De Corpos presentes

Laboratorio de movemento

“Un laboratorio onde compartiremos a nosa metodoloxía de traballo e algunhas prácticas e materiais que forman parte da nosa última peza: everlasting softness, arredor da creación dun ecosistema brando, un espazo sensorial, e o traballo con materiais e corpos brandos.”

+ Twins Experiment

Datas: 12 de xuño de 2019.
Horario: de 18:00 a 21:00 horas.
Lugar: Aula de Danza de NORMAL.

Inscrición previa: cultura.coruna@udc.es

Everlasting softness

Performance con TWINS EXPERIMENT

É o terceiro traballo de Ainhoa Hernández e Laura Ramírez, no que se propicia un espazo brando para exercitar a escoita da materia e a súa axencia. Un espazo sensorial ficcionado onde todos os corpos teñan a mesma importancia e a materia sirva como materialización da terceira cousa que se produce entre dous. A práctica que están desenvolvendo, implica os seus corpos e a súa relación con materiais brandos. A singularidade dos materiais escollidos mantén unha estreita relación con conceptos centrais no seu traballo: porosidade, flexibilidade, afectación e mutabilidade; así como con algunhas características da sociedade actual na que as nosas vidas presentan unha condición líquida. Colócanse diferentes preguntas: como haberá de moverse o noso corpo para ser acompañado pola materia?, como respectar as singularidades de cada corpo?, como é este ecosistema que se está a xerar?

+ everlasting softness

Datas: 13 de xuño de 2019.
Horario: de 20:00 a 21:00 horas.
Lugar: Almacén de NORMAL.

Entrada de balde