13 Febreiro 2014, 19:00

http://istoenormal.org/images/405.jpg

Documentación final de TOMAR MEDIDAS

O colectivo Ergosfera presenta a exposición final dos resultados das cinco accións desenvolvidas en TOMAR MEDIDAS, nunha xornada de reflexión aberta á participación cidadá.

Unha vez levadas a cabo as cinco accións previstas dentro do programa de TOMAR MEDIDAS, o colectivo Ergosfera comparte as conclusións xurdidas desa análise.

Será o momento, así mesmo, de ver concluída a montaxe expositiva do material de documentación preparado ao longo desas intervencións en senllos espazos da cidade para analizar o fogar, o bar, o centro comercial, o banco, o centro e o arrabalde.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.

TOMAR MEDIDAS é un programa que pretende cuestionar os territorios en conflito e transformación da cidade, mediante un achegamento pseudocientífico. Participantes máis colaboradores expertos representarán o rol de detectives ou exploradores para tomar medidas do urbano e chegar a propoñer medidas cidadás, nun encontro no que se presume que xordan adversarios en momentos de política agonista.