16 Febreiro 2012, 20:59

http://istoenormal.org/images/149.jpg

Drown the road

A compañía La Macana está novamente de residencia artística en NORMAL. Durante uns días traballarán no desenvolvemento do seu proxecto Drown the road.

Drown the road é unha colaboración artística entre Alexis Fernández e Julio César Iglesias da que nacerá unha peza que será estreada o vindeiro 24 de febreiro no Theater im Pumpenhaus, na cidade alemá de Münster. Ademais de NORMAL, colaboran nesta produción a plataforma alemá Unusual Symptoms e La Macana.

La Macana é unha compañía residente en Galicia. Foi formada no ano 2009 polos creadores e intérpretes Caterina Varela e Alexis Fernández. Con presenza activa nos circuítos profesionais, compaxinan o labor creativo co pedagóxico.