28 Novembro 2016, 18:00

http://istoenormal.org/images/580.png

Editar de cero a cen

Obradoiro práctico sobre edición de banda deseñada desde a creación ata a distribución dunha publicación, pasando por todas as fases da produción e modalidades de edición.

Impartido polo autor, editor e produtor cultural Manel Cráneo, director da exposición BDG70 A revolta do cómic galego.

Sesión 1: CREACIÓN DE CONTIDOS E FORMATOS EDITORIAIS
- Orixes da edición. A necesidade de editar.
- Os contidos: xermolo do mercado editorial.
- Modalidades e soportes da edición: editar en papel e en dixital.
- Proposta de actividade práctica: Formación dunha equipa editorial cós asistentes e creación de contidos.

Sesión 2: A PRODUCIÓN EDITORIAL
- Diferenzas entre edición e auto-edición.
- Procesos técnicos de deseño, maquetación e impresión.
- Os software para a edición.
- A edición específica de banda deseñada e libros visuais.
- Xestión editorial (ISBN, Depósito Legal, dereitos de autor e de reprodución de imaxes, etc.)
- Práctica: Realización de publicación con traballos dos asistentes.

As prácticas xirarán arredor dun eixo temático central: a exposición BDG70 e a banda deseñada en lingua galega. Arredor disto xeraranse contidos de diversos perfís para crear unha revista especializada.

Datas: luns 28 de novembro e xoves 1 de decembro.
Horario: de 18:00 a 20:00 horas.

Matrícula:
A matrícula é de balde e pode facerse en liña nesta ligazón.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 881 014 502 Mail: info@istoenormal.org