7 Marzo 2013, 12:30

http://istoenormal.org/images/308.jpg

EFT/ Conferencia sobre ADA LOVELACE, con Francesca Mereu

ELAS FAN TECH visita a Facultade de Informática da UDC con esta conferencia titulada Ada Lovelace ou a encantadora de números e a súa repercusión no século XXI, a cargo de Francesca Mereu.

Ada Lovelace, filla de Lord Byron, é lembrada principalmente por ter escrito unha descrición da antiga máquina analítica de Charles Babbage e por desenvolver instrucións para facer cálculos nunha versión inicial da computadora. É considerada a nai da programación informática por ser a primeira persoa en describir unha linguaxe de programación de carácter xeral, xa en 1843, con grande orixinalidade nas súas achegas.

Francesca Mereu é artista e investigadora de arte dixital. É coordinadora do grupo experimental de visualización avanzada VLAB 4D. Traballou no Medialab-Prado, enfocando as súas investigacións a proxectos que conectan arte e tecnoloxía: hologramas, espazos 3D, realidades inmersivas…

A sesión terá lugar no salón de actos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.