6 Marzo 2013, 19:30

http://istoenormal.org/images/319.jpg

EFT/ 'Mulleres e tecnoloxía: abrindo a caixa de Pandora'

Con esta conferencia de Cristina Justo, experta en xénero e políticas de igualdade, ELAS FAN TECH visita o Campus de Ferrol.

Conferencia na que se analizará a participación feminina no ámbito tecnolóxico, desde unha perspectiva feminista.

Cristina Justo Suárez é socióloga, experta en xénero e políticas de igualdade. É directora técnica de proxectos de Gaela Consultora e obtivo o premio Elisa Pérez Vera de investigación en materia de xénero. Publicou varios articgos sobre xénero, ciencia e tecnoloxía.

A sesión terá lugar na sala de graos da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña, en Ferrol.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.