26 Febreiro 2013, 17:00

http://istoenormal.org/images/314.jpg

EFT/ Obradoiro de introdución a OpenFrameworks

A artista e programadora estadounidense Chris Sugrue ofrece este curso intensivo de introdución a OpenFrameworks, unha linguaxe de programación empregada para realizar instalacións interactivas.

Chris Sugrue é unha das poucas mulleres programadoras de OpenFrameworks. Durante este obradoiro, realizará unha introdución ao desenvolvemento de aplicacións creativas con OP, unha libraría de C++ (obxectos /clases, gráficos, vídeo, texto, son). Esta é unha linguaxe de programación de código aberto utilizada para realizar instalacións interactivas. Tamén se aprenderá a compilar exemplos, a crear novos proxectos e a escribir tipos.

A última sesión empregarase no desenvolvemento de mini-proxectos individuais ou en grupo.

Requírese que o alumnado teña algún tipo de experiencia en programación. Así mesmo, recoméndase que cada participante traia o seu propio ordenador portátil.

Datas: do 26 ao 28 de febreiro de 2013
Horario: de 17:00 a 20:00 horas (9 horas en total)
Lugar: CUBO de NORMAL
Prezo: 10€
Máximo de participantes: 15

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 15 de xaneiro até o 26 de febreiro. Pode facerse nesta plataforma en liña, seguindo estas instrucións:
• autentique a súa identidade
• prema na lapela de “actividades”
• elixa o obradoiro no que quere inscribirse
• prema en “ver máis”
• siga a ligazón “inscrición”
• seleccione o xeito de pagamento e confirme

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es