4 Febreiro 2013, 17:00

http://istoenormal.org/images/312.jpg

EFT/ Obradoiro de MODUL8 e MADMAPPER

Dentro das actividades paralelas á exposición ELAS FAN TECH, a artista Bego M. Santiago imparte este obradoiro sobre os fundamentos deste software adicado ao control do vídeo en tempo real.

Achegamento en catro sesións a estes dous programas para o entorno Mac, onde se explicarán os fundamentos do set audiovisual. Traballarase con Modul8, software para o control de vídeo en tempo real que permite levar a cabo sesións de LiveCinema e Vj, escenografías audiovisuais e videoinstalacións. Explicarase o uso de Madmapper, software para o control de vídeo no espazo, nun achegamento ao concepto de mapping.

A quinta sesión estará destinada a presentar os proxectos individuais do alumnado e á resolución de dúbidas.

Este obradoiro está destinado a persoas interesadas no campo do audiovisual, así como artistas e deseñadores que teñan un proxecto propio en realización. O alumnado deberá ter uns mínimos coñecementos de edición de vídeo. É imprescindible que os participantes traian o seu propio ordenador portátil con sistema operativo Mac. É aconsellable que traian cámara de vídeo e controladores MIDI.

Imparte este curso a artista Bego M.Santiago.

Datas: do 4 ao 8 de febreiro de 2013
Horario: de 17:00 a 20:00 horas (15 horas en total)
Lugar: CUBO de NORMAL
Prezo: 10€
Máximo de participantes: 15

Matrícula:
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 15 de xaneiro até o 6 de febreiro. Pode facerse nesta plataforma en liña, seguindo estas instrucións:
• autentique a súa identidade
• prema na lapela de “actividades”
• elixa o obradoiro no que quere inscribirse
• prema en “ver máis”
• siga a ligazón “inscrición”
• seleccione o xeito de pagamento e confirme

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensión 4502 Mail: info@istoenormal.org
Área de Cultura. Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña.
TF: 981 167 000, extensións 1954 e 1962 Mail: cultura.coruna@udc.es