31 Xaneiro 2013, 18:30

http://istoenormal.org/images/313.jpg

EFT/ 'Software creativo: arte 2.0, antes das redes sociais', con Marta Paz

Master Class en dúas sesións a cargo de Marta Paz, especialista en software libre, na que se abordará a natureza colaborativa desta ferramenta e a súa utilidade para a creación artística.

As comunidades de desenvolvemento de software fixeron desde sempre uso das redes e do coñecemento compartido o seu modelo de produción e investigación. No desenvolvemento informático, o proceso de debugging (testeo e corrección de erros) é básico para o avance. Unha parte importántisima do debugging é o testing. Nas comunidades de software libre, as personas usuarias non o son sen máis, senón que forman parte do proceso de desenvolvemento. Elimínase a figura do final user, propia de sistemas ou programas privativos. As canles para o feed back son tan importantes como os núcleos das liñas de código que dan lugar aos programas. Así, é a propia comunidade, e non unha única persoa, a responsable de que un programa funcione.

As comunidades de software libre levan compartindo e comunicándose a través de internet desde a súa orixe. O desenvolvemento de software libre implica unha comunidade 2.0 moito antes de existir o termo. Estas prácticas colaborativas foron asumidas por parte da poboación usuaria de internet porque funcionan.

Como repercuten as prácticas colaborativas do software libre na creación? É o software libre unha ferramenta útil na creación artística? Existen circuítos para este tipo de arte? Cal é a lectura desde unha perspectiva de xénero para este tipo de procesos?

SESIÓN 1) Mércores 30 de xaneiro (18:30-20:30h.)
Tema 1: Software libre
Que significa? Relación coa construción de xénero.
Que implica? O bazar e a catedral. As comunidades desenvolvedoras.
Que é o código? As receitas de cociña e o código. Mulleres programadoras.
Tema 2: Programación creativa
Receitas para a creación. Entornos de programación (e iso que é?).

SESIÓN 2) Xoves 31 de xaneiro (18:30-20:30h.)
Tema 3: Tempo real, dispositivos e interacción
Software en acción. Arte, creación e industria.
Amazonas.

Entrada libre até completar a capacidade da sala.