11 Outubro 2013, 14:00

  • CUBO
http://istoenormal.org/images/365.jpg

Encontro con Els Joglars en NORMAL

Co gallo da súa xira por Galicia, que inclúe unha actuación na Coruña, a compañía Els Joglars manterá un encontro aberto ao público.

Os actores e actrices da compañía catalana ofrecerán unha charla arredor da súa dilatada traxectoria nas táboas, nun acto con entrada libre até completar a capacidade da sala.

Els Joglars actuarán no Teatro Colón da Coruña o sábado 12 de outubro ás 20:30 horas, onde ofrecerán unha función da súa última montaxe, El coloquio de los perros. A dramaturxia, obra de Albert Boadella e Martina Cabanas, parte do texto de Miguel de Cervantes, nunha adaptación libre dirixida por primeira vez por Ramón Fontseré.