15 Outubro 2014, 08:00

  • Almacén
http://istoenormal.org/images/462.jpg

Encontro de Misa de Domingas

NORMAL acolle un encontro do colectivo Misa de Domingas onde o obxectivo é reflexionar conxuntamente sobre as relacións entre o independente e as institucións.

Así, este debate aberto á participación do público xirará en torno a varias preguntas:

- Como unha institución pública tería que relacionarse co independente (en termos de participación)?

- Que procesos debe liderar? Que procesos debe acompañar?

- Canta atención debe prestar unha Administración Pública aos procesos independentes?

- Como, atendendo a eses novos procesos que nacen no independente, pode acollelos sen desdebuxalos?

- Cal sería a institución publica do futuro en termos de gobernanza, metodoloxías e participación a medio prazo?

Entrada libre de público até completar aforo.