8 Outubro 2015, 19:30

http://istoenormal.org/images/553.jpg

Ensaio aberto de 'Give it a spin'

A compañía Pisando Ovos ispe o seu proceso creativo, nun ensaio aberto ao público do seu novo espectáculo, Give it a spin.

Give it a spin é a nova proposta da compañía Pisando ovos, que contará coa colaboración especial do DJ Jas Processor. Trátase dunha peza para rúa ou espazos non convencionais na que a música e o movemento, desde os seus estados máis puros, encóntranse a través do diálogo entre un DJ e unha bailarina. Unha conversa baseada no darlle a volta, no xiro continuo.

A compañía, que estivo en residencia artística en NORMAL durante todo o proceso de creación, abrirá as portas o xoves 8 de outubro, ás 21:30 horas, para manter un ensaio aberto ao público no 2º andar, previo á estrea oficial da obra o 13 de outubro, no festival DANZAMOS do Conde Duque de Madrid.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.