25 Abril 2012, 20:00

  • Aula de danza de NORMAL
  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/183.jpg

Ensaio aberto de NO TITLE YET, a nova produción de La Macana

A compañía La Macana, con residencia de creación artística en NORMAL, abre as portas ao público para amosar o proceso de ensaio da súa nova produción, NO TITLE YET.

NO TITLE YET é un proxecto que nace da inquietude por descobrer novas formas de relación co espazo e o movemento. Naceu da aposta de Carolyn Carlson polo traballo da compañía, cun convite para unha residencia no Centro Coreográfico que ela mesma dirixe en Roubaix-Nord Pas de Calais durante un periodo dun mes. Nesta obra colaboran Claudia Faci, en calidade de dramaturxista, e o artista plástico francés Vladimir Cruells.

La Macana é unha compañía residente en Galicia. Foi formada no ano 2009 polos creadores e intérpretes Caterina Varela e Alexis Fernández. Con presenza activa nos circuítos profesionais, compaxinan o labor creativo co pedagóxico.

O obxectivo desta acción é achegar o proxecto á xente interesada na danza, a creación e o feito artístico. O público poderá intercambiar impresións e interactuar cos artistas para atinxir un maior coñecemento do traballo en proceso (work in progress) da peza en cuestión.