30 Xuño 2011, 10:30

http://istoenormal.org/images/70.jpg

Escritas Cinematográficas. Entre a Experimentación e a Industria

5.º Curso de verán sobre cinema
Takeshi Kitano/ Wong Kar Wai, Atom Egoyan, Gus van Sant, Richard Linklater…
Proxeccións: The Sweet Hereafter, Atom Egoyan Waking Life. Richard Linklater.

5.º Curso de verán sobre cinema. Salón de Actos da Escola Superior de Náutica e Máquinas

Dirección David Castro de Paz Técnico de Cultura. Coordinador da Aula de Cinema e Imaxe da UDC. Secretaría Roberto Casteleiro Bouza

30 de xuño
10.30 h. Luis Miranda Mendoza
Takeshi Kitano/ Wong Kar Wai. Relecturas dos xéneros clásicos.
12.30 h. Quim Casas
O cinema de David Lynch, ou a cara sinistra de Hollywood
17.00 h. Antonio Weinrichter
Atom Egoyan: autoría/ modernismo/ industria
19.00 h. Proxección: The Sweet Hereafter. Dulce porvir, Atom Egoyan, 1997 (VOS). Presentación a cargo de Antonio Weinrichter.

1 de xullo
10.30 h. Jaime Pena
Gus van Sant: textos e texturas
12.30 h. Vicente Ponce
Cineastas españois a respirar baixo unha lousa de chumbo (Jaime Rosales, Pedro Aguilera, Javier Rebollo etc.)
17.00 h. Carlos Losilla
O cinema mutante de Richard Linklater
19.00 Proxección
Waking Life. Despertando á vida. Richard Linklater, 2002 (VOS) Presentación a cargo de Carlos Losilla.

Mátrícula na Oficina de cursos
Máis información na Aula de cinema e imaxe Tel. 981 167 000 Ext. 3697-1954-1962

matrícula 1 ao 27 de xuño
30 € público xeral
40 € comunidade universitaria

Existen bolsas para a comunidade universitaria (PAS, PDI e estudantado)

Breve currículo dos relatores

Carlos Losilla
Profesor na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e crítico de Cahiers du Cinéma- España. Escribiu en case todas as revistas de cinema importantes (Archivos de la Filmoteca, Secuencias, Dirigido por…) e é autor de numerosos libros, entre os que destacan El cine de terror. Una introducción, La invención de Hollywood o como olvidar de una vez por todas el cine clásico, ou El sitio de Viena: huellas de Fritz Lang.

Luis Miranda
Coordinador do Festival Internacional de Cinema das Palmas de Gran Canaria. É licenciado en Historia da Arte e especialista en Historia e Estética do Cinema pola Universidade de Valladolid. Experto en cinema oriental, entre os seus libros salienta o volume titulado Takeshi Kitano. Foi coordinador editorial do volume colectivo China siglo XXI: desafíos y dilemas de un nuevo cine independiente, 1992-2007, o primeiro libro publicado en España sobre cinema chinés. Así mesmo, publicou textos nos libros Luces de Siam. Una introducción al cine tailandés, coordinado por Alberto Elena, ou Cine-ensayo: la forma que piensa, coordinado por Antonio Weinrichter, entre outros.

Quim Casas
Crítico das revistas Dirigido por… e Nosferatu. Profesor na Univiversidade Pompeu Fabra de Barcelona. Entre as súas publicacións cómpre destacarmos o libro David Lynch editado por Cátedra, así como o volume dedicado a Fritz Lang da mesma editorial, ou Clint Eastwood, avatares del último cineasta clásico e o dedicado ao director Samuel Fuller, tamén en Cátedra.

Antonio Weinrichter
Profesor de Historia do Cinema na Universidade Carlos III de Madrid e na ECAM, e crítico en diversas publicacións, publicou Metraje encontrado. La apropiación en el cine documental y experimental, obra editada polo Festival Punto de Vista de Navarra, entre outros títulos como Teoría de Atom: el cine según Egoyan ou Desvios de lo real: el cine de no ficción.

Jaime Pena
Historiador do cinema, crítico de Cahiers du Cinéma e responsable de programación da Filmoteca de Galicia (CGAI). Entre as súas publicacións salientan as seguintes: El espíritu de la colmena, Víctor Erice, libro editado por Paidós, Historias extraordinarias: el nuevo cine argentino, Cine español. Otro trayecto histórico (con José Luis Castro de Paz) ou Edward Yang.

Vicente Ponce
Profesor de Teoría da Arte e de Historia e Teoría do Cinema Moderno na Facultade de Belas Artes da Universidade Politécnica de Valencia. Redactor de numerosas revistas de cinema (Archivos de la Filmoteca, Contracampo, Nosferatu,_etc.) e director da primeira época da citada Archivos de la Filmoteca, membro do comité director da Mostra de Valencia durante varios anos e autor de numerosas publicacións, entre as que podemos destacar estas: _Diccionario del Cine Español, Carles Santos ou Nouvelle Vague: una revolución tranquila.