31 Marzo 2011, 20:00

http://istoenormal.org/images/29.jpg

Esferobite

DSK (Belén Montero e Juan Lesta), directores, produtores e creativos da produtora audiovisual e multimedia ESFEROBITE

Tratará o seu percorrido creativo, analizando aqueles traballos máis representativos de cada disciplina en que traballan. Tamén amosarán en detalle dúas das súas últimas producións, o videoblog Iconoscopio.net e o videocaderno de viaxe Península xy, no cal empregan as últimas tecnoloxías de vídeo xeoposicionado. Para rematar, falarannos da súa experiencia no Centro Pompidou-Metz.

DSK (Belén Montero e Juan Lesta), directores, produtores e creativos da produtora audiovisual e multimedia ESFEROBITE. Dirixiron a súa actividade cara ao videoclip, a videocreación, multimedia, instalación e vídeo en directo, recibindo diversos premios e mencións a nivel nacional e internacional.

Realizaron videoclips para Fangoria, Astrud, La Buena Vida, Catty Claret, Alma-X… Produciron pezas de videocreación para a Mostra INJUVE, CGAC, Fundación Luís Seoane, Hangar, Fundación Caixa Galicia… Espuxeron o seu traballo na Fundación Luís Seoane, La Capella, CGAC ou no Centro Pompidou-Metz. Desde 2002 imparten clases de audiovisuais en diversos centros de Barcelona.

horario 20:00 ás 22:00
lugar Cubo NORMAL

CODECO