21 Novembro 2012, 19:30

http://istoenormal.org/images/278.jpg

ESPAZO ESCRITORIO: Daniel Salgado + Xurxo Souto

Cunha conversa sobre A literatura na música galega, Daniel Salgado e Xurxo Souto pechan a cuarta e última sesión do ESPAZO ESCRITORIO.

Daniel Salgado (Monterroso, 1981). Xornalista de El País en Galicia, tradutor de Allen Ginsberg ao galego e de Lois Pereiro ao castelán, poeta e membro do grupo DasKapital, que debutou en 2011 co LP Ruído Negro. Os seus últimos libros son Os poemas de como se rompe todo (Sotelo Blanco, 2007), Ascensión (2010) e Ruído de fondo (Xerais, 2012).

Xurxo Souto (A Coruña, 1966). Filólogo de formación, desenvólvese en múltiples campos. A máis coñecida é a súa faceta musical, como cantante e acordeonista nos Diplomáticos de Monte Alto e nos Tres Trebóns. Como escritor ten publicado varios libros de relatos, unha colección de artigos e a novela O retorno dos homes mariños (Xerais, 1999). Veterano locutor radiofónico (A tropa da tralla), entre 2005 e 2009 foi subdirector de programas na Radio Galega.

Coordina o xornalista Iago Martínez.

Colabora o Espacio SIRVENT.

A entrada é libre até completar aforamento.