5 Novembro 2012, 19:30

http://istoenormal.org/images/273.jpg

ESPAZO ESCRITORIO: David Saavedra + Javier Becerra

Escribir sobre música é o título desta conversa que reunirá aos xornalistas musicais David Saavedra e Javier Becerra no espazo de debate do Festival SINSAL é NORMAL.

David Saavedra (Santiago de Compostela, 1971) é sociólogo e xornalista musical. Pasou pola redacción do extinto Diario 16 e actualmente traballa como freelance, con base en Madrid, para La Luna de Metrópoli, Rockdelux, Vodafone Music Blog, notodo.com e numerocero.es, entre outros medios especializados. Na rede mantén a bitácora Perdiendo mi eje.

Javier Becerra é licenciado en Dereito e redactor de La Voz de Galicia e dos programas Xente Emerxente e V Clips do canal V Televisión. No campo da crítica musical, fundou e codirixiu o magazine en liña www.feedback-zine.com e colaborou na revista especializada Ruta 66. Na rede mantén o blog Retroalimentación, aloxado pola cabeceira xeneralista da Coruña.

Coordina o xornalista Iago Martínez.

Colabora Espacio SIRVENT

A entrada é libre até completar aforamento.