25 Outubro 2012, 19:30

http://istoenormal.org/images/269.jpg
A. Lorenzo

ESPAZO ESCRITORIO: Manuel Rivas + Xosé Manuel Pereiro

Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro inauguran o ESPAZO ESCRITORIO cunha conversa que versará sobre Lingua, música e literatura en Galicia.

Manuel Rivas (A Coruña, 1957). Escritor e xornalista traducido a máis de vinte linguas. Premio Nacional de Narrativa en 1996 e doutor honoris causa pola Universidade da Coruña. A súa última novela é Todo é silencio (Xerais, 2010), da que se prepara unha versión cinematográfica dirixida por José Luis Cuerda. Este mes publica o conxunto de relatos autobiográficos As voces baixas (Xerais).

Xosé Manuel Pereiro (Monforte de Lemos, 1956). Xornalista, guionista, ex traballador de TVE en Galicia e columnista de El País, La Opinión de A Coruña e Faro de Vigo. Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Algúns dos seus artigos están reunidos en Si home si (Xerais, 2001). Na década dos anos oitenta liderou a banda coruñesa de punk Radio Océano.

Coordina o xornalista Iago Martínez.

Colabora Espacio SIRVENT

A entrada é libre até completar aforamento.