14 Maio 2012, 20:00

  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/182.jpg

ESPAZO IXOR: Fragmentos do Ceo

Cuarto e último concerto deste ciclo dedicado ás músicas contemporáneas, no que o Ensemble IXOR afonda na música do artista multimedia francés Pierre Jodlowski, entre outros compositores.

Segundo programa do Ensemble IXOR en que afonda na música do artista multimedia francés Pierre Jodlowski con dúas obras mixtas (Serie Blanche, para piano e electrónica, e Éclats de Ciel, para clarinete e live-electronics), xunto á música de Gérard Pesson, Françoise Rossé, William O. Smith e Alejandro Vázquez.

PROGRAMA:
Gérard Pesson (n.1958) Neige Bagatelle (2002), guitarra, violoncello e piano.
William O. Smith (n.1962) Five Fragments I-II (1977), doble clarinete.
Alejandro Vázquez Akousma Hydor (2011), acusmática.
William O. Smith (n.1962) Five Fragments III-V (1977), doble clarinete.
Pierre Jodlowski (n.1971) Serie Blanche (2007), piano e electrónica.
Françoise Rossé (n.1945) Light moving (2003), clarinete e violín.
Pierre Jodlowski Éclats de ciel (1996,rev.2009), clarinete e electrónica en vivo.

Ensemble IXOR
Javier Losada e Telmo Sayáns, clarinete
Laura Borrajo, guitarra
Francisco Pérez, violín
Dasiel Morales, violonchelo
María Domínguez e Anne Tooming, piano

Pablo Coello, dirección

O Ensemble IXOR é unha agrupación formada por alumnado do Taller de Interpretación de Música Clásica Contemporánea do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Os programas deseñados para este ciclo son unha mostra da conexión dos novos músicos coa música do noso tempo. Non é este un exercicio de achegamento ás estéticas ou linguaxes actuais: o ESPAZO IXOR está concibido para gozar da música de hoxe e para a reflexión sobre o pensamento que a sustenta.