3 Maio 2012, 20:00

  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/181.jpg
Iannis Xenakis

ESPAZO IXOR: OPENING

Concerto inaugural do ciclo Espazo IXOR, nunha viaxe ao mundo interior da muller a través da natureza e do son, con obras de Philip Glass, Ben Hackbarth e Iannis Xenakis.

Viaxe ao mundo interior da muller a través da natureza e do son. Baseado nesa percepción e formulando unha metáfora entre elementos da natureza como a auga, o aire, o lume e a terra e as diferentes fases da vida polas que pasamos as persoas, preséntase un traballo multimedia de música, danza, poesía e imaxe.

PROGRAMA:

Philip Glass (n.1937) Opening (Glassworks) (1982), marimba.
Iannis Xenakis (1922-2001) Rebonds (1987-89), multi–percusión.
Ben Hackbarth (n.1982) Open End (2007), vibráfono e electrónica en vivo.
Iannis Xenakis Psappha (1975), multi–percusión.

INTÉRPRETES:

Alba Felpete, Ana Belén Ferreiro, Raquel González e Reyes González, coreografías
Diego Ventoso, percusións
Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
Alba Felpete, textos e poesías
Fundación TIC e Raquel González, vídeo-creacións

O Ensemble IXOR é unha agrupación formada por alumnado do Taller de Interpretación de Música Clásica Contemporánea do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Na edición 2012, xunto ao Ensemble IXOR e a Aula de Saxofón do Conservatorio coruñés, cóntase para esta serie de concertos coa participación do Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e do percusionista Diego Ventoso.

Haberá unha presenza especial da música electrónica con obras neste formato a cargo de alumnado de Composición do CSM da Coruña e diferentes obras para instrumento e live-electronics do compositor e artista multimedia Pierre Jodlowski (Francia, 1971). Inclúense, ademais, obras acústicas de clásicos da música contemporánea (John Cage, Sofía Gubaidulina, Giacinto Scelsi ou Iannis Xenakis) xunto a valores actuais da nova música como Toshio Hosokawa, Gérard Pesson, José M.ª Sánchez-Verdú ou Salvatore Sciarrino.

Os programas deseñados son unha mostra da conexión dos novos músicos coa música do noso tempo. Non é este un exercicio de achegamento ás estéticas ou linguaxes actuais: o ESPAZO IXOR está concibido para gozar da música de hoxe e para a reflexión sobre o pensamento que a sustenta.