10 Maio 2012, 20:00

  • Entrada libre e de balde
http://istoenormal.org/images/180.jpg
Sofia Gubaidulina

ESPAZO IXOR: SILENZIO

O Ensemble IXOR protagoniza o terceiro concerto deste ciclo dedicado ás músicas contemporáneas, con especial protagonismo para o Silenzio de Sofia Gubaidulina.

A percepción dos procesos acústicos e o silencio nas súas dimensións acústica e psicolóxicas: a contemplación do son e da súa ausencia. Silenzio, para violín, violoncello e baian da compositora Sofía Gubaidulina (Tartaristán, 1931) constitúe a peza central deste programa xunto a composicións de John Cage, Toshio Hosokawa, Giacinto Scelsi, Karlheinz Stockhausen e Xabier Mariño.

PROGRAMA:

Giacinto Scelsi (1905-1988) Ko-Tha I – fragmento (1967), guitarra.
Toshio Hosokawa (n.1955) Duo (1999), violín e violoncello.
John Cage (1912-1992) Sonata I (de Sonatas and Interludes, 1946-48), piano preparado.
Karlheinz Stockhausen (1928-2007) Acuario (do Tierkreis, 12 melodías do Zodíaco, 1975), trombón.
John Cage Sonata IV, piano preparado.
Karlheinz Stockhausen Tauro, trombón.
John Cage First Interlude, piano preparado.
Karlheinz Stockhausen Leo, trombón.
John Cage Sonata V, piano preparado.
Karlheinz Stockhausen Virgo, trombón.
John Cage (1912-1992) Sonata XIII (1946-48), piano preparado.
Sofia Gubaidulina (n.1931) Silenzio (1991), violín, violoncello e baian.
Xabier Mariño (n.1983) A sombra do sol (2007), flauta, oboe, clarinete, fagot, trompa y contrabajo.
Giacinto Scelsi (1905-1988) Ko-Tha I – fragmento (1967), guitarra.

Ensemble IXOR
Ana Isabel Loureiro, clarinete
Nerea Álvarez, frauta
Avelino Ferreira, óboe
Marina Gundín, fagot
Santiago Vázquez, trombón
Ángela Rodríguez, trompa
Vadzim Yukhnevich, acordeón
Laura Borrajo, guitarra
Iván Martínez, violín
Daniel Pérez, contrabaixo
Verónica González, violonchelo
Syuzanna Babayan e Cristina Rodríguez, piano

Pablo Coello, dirección

O Ensemble IXOR é unha agrupación formada por alumnado do Taller de Interpretación de Música Clásica Contemporánea do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Na edición 2012, xunto ao Ensemble IXOR e a Aula de Saxofón do Conservatorio coruñés, cóntase para esta serie de concertos coa participación do Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e do percusionista Diego Ventoso.

Haberá unha presenza especial da música electrónica con obras neste formato a cargo de alumnado de Composición do CSM da Coruña e diferentes obras para instrumento e live-electronics do compositor e artista multimedia Pierre Jodlowski (Francia, 1971). Inclúense, ademais, obras acústicas de clásicos da música contemporánea (John Cage, Sofía Gubaidulina, Giacinto Scelsi ou Iannis Xenakis) xunto a valores actuais da nova música como Toshio Hosokawa, Gérard Pesson, José M.ª Sánchez-Verdú ou Salvatore Sciarrino.

Os programas deseñados son unha mostra da conexión dos novos músicos coa música do noso tempo. Non é este un exercicio de achegamento ás estéticas ou linguaxes actuais: o ESPAZO IXOR está concibido para gozar da música de hoxe e para a reflexión sobre o pensamento que a sustenta.